PO FEDER

PO FEDER Galicia 2014-2020: “Unha maneira de facer Europa”

A nosa empresa foi unha das beneficiarias da convocatoria Conecta Hubs para a realización de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de Innovación Dixital, cuxa concesión foi publicada o pasado 18 de outubro.

Dentro desta convocatoria, XOIA participa no consorcio integrado por Meifus Industrial, TI Automotive e Inova Labs para levar adiante o proxecto “Smart Lean Platform for People” (SLP4P).

Dentro da citada convocatoria, o proxecto é subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e con cargo aos fondos FEDER para o desenvolvemento rexional, así coma apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

O proxecto SLP4P pretende acadar o desenvolvemento dunha nova plataforma intelixente capaz de monitorizar procesos industriais, prever a súa evolución e dotar de información e recomendacións específicas para os operarios de ditos procesos, empregando innovadoras tecnoloxías tales como ferramentas de captación de datos, aprendizaxe automático e Realidade Aumentada. Desta maneira, os traballos do proxecto dan como resultado un sistema integral de control e soporte intelixente que pode ter un notable impacto sobre a eficiencia, sostenibilidade e calidade da nosa industria, en liña co obxectivo temático 3 do Plan FEDER Galicia 2014-2020, de conseguir un tecido empresarial máis competitivo

Dentro destes obxectivos xerais, XOIA realiza as diferentes tarefas de especificación y definición de sistemas de visualización de información así como el diseño y desarrollo de interfaces avanzadas e inteligentes por y para las personas (RA).