Ayudas
PO FEDER Galicia 2014-2020
PO FEDER Galicia 2014-2020: «Unha maneira de facer Europa»
A nosa empresa foi unha das beneficiarias da convocatoria Conecta Hubs para a realización de proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de Innnovación Dixital, cuxa concesión foi publicada o pasado 18 de outubro.
Dentro desta convocatoria, XOIA participa no consorcio integrado por Meifus Industrial, TI Automotive e Inova Labs para levar adiante o proxecto «Smart Lean Platform for People» (SLP4P).
Dentro da citada convocatoria, o proxecto é subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e con cargo aos fondos FEDER para o desenvolvemento rexional, así coma apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
O proxecto SLP4P pretende acordar o desenvolvemento dunha nova plataforma intelixente capaz de monitorizar procesos industriais, prever a súa evolución e dotar de información e recomendacións específicas para os operarios de ditos procesos, empregando innovadoras tecnologías tales como ferramentas de captación de datos, aprendizaxe automático e Realidade Aumentada. Desta maneira, os traballos do proxecto dan como resultado un sistema integral de control e soporte intelixente que pode ter un notable impacto sobre a eficiencia, sostenibilidade e calidade da nosa industria, en liña co obxectivo temático 3 do Plan FEDER Galicia 2014-2020, de conseguir un tecido empresarial máis competitivo.
Dentro destes obxectivos xerais, XOIA realiza as diferentes tarefas de especificación y definición de sistemas de visualización de información de información así como el diseño y desarrollo de interfaces avanzadas e inteligentes por y para las personas (RA).
PROXECTO
«SMART LEAN PLATFORM 4.0 FOR PEOPLE»
(SLP4P)

CÓDIGO PROXECTO: IN852B 2021/12
DURACIÓN: Maio 2021 – Abril 2023
ORZAMENTO: 974.330,81€
SUBVENCIÓN: 547.605,86€
OBXECTIVO PRINCIPAL DA OPERACIÓN:
OT3 «Conseguir un tecido empresarial máis competitivo», P.O Feder Galicia 2014-2020
Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación
Apoiado pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea


